miércoles, 27 de marzo de 2019

PracTICa 10: Web con WIX

https://es.wix.com/

WIX é unha ferramenta que vos permitirá facer páxinas web aproveitando plantiñas predeseñadas que xa trae, un pouco como fixemos con Blogger e o blog, pero máis completa.

Podemos facer os nosos deseños en FLASH ou HTML5, que é a incorporación máis recente e recomendable, pois o formato flash está a ser abandonado progresivamente.

Un exemplo de páxina feita en Wix pode ser a da asociación animalista Vox Anima.

O traballo consistirá en crear unha páxina web sobre un contido académico, ou crear unha empresa ou negocio imaxinario, defender unha causa, publicitar un evento, etc... sexa cal sexa a decisión, primeiro teredes que concretala con Pascual.

Os aspectos que se valorarán á hora de puntuar a web son:

DESEÑO:
  • Atractivo. Suxerente.
  • Funcional. Lexible. Navegable. Ordeado.
  • Uso adecuado e acreditado de textos, imaxes e medios audiovisuais.
  • Uso da plantiña máis adecuada de usala.
 CONTIDOS:

  • Orixinais. Redactados por vós.
  • Contrastados. Nos vos quededes co primeiro dato sen mirar se é certo.
  • Cibergrafía. Relación das vosas fontes de información, ou/e autoría dos recursos empregados.

miércoles, 20 de marzo de 2019

PracTICa 09: Tatuaxe Dixital

Para esta práctica usaremos o Gimp e o Inkscape.

1ª Parte- Deseñar a tatuaxe

Primeiro deseñaremos unha tatuaxe imaxinaria co Inkscape, pensando en que parte do corpo iría, que tamaño terá, cor, textura e todo iso.

Se non tendes ideas sobre que deseñar, podedes inspiraros en material que descarguedes da rede.

Idealmente funcionan mellor os textos e as formas sinxelas monocromas, siluetas, contornos, etc... As tipografías que máis se usan son as recargadas e ornamentadas.

Unha vez feito o deseño, exportaremos co fondo transparente a tatuaxe en formato PNG a unha resolución de alomenos 90 ppp

Exemplo de tatuaxe dunha salamandra, que simboliza o lume na tradición


2ª Parte- Tatuar dixitalmente

Tras isto, editaremos unha foto nosa co GIMP modificando a xeometría da tatuaxe para que pareza real mediante as ferramentas Mover, Rotación, Inclinación, Redimensionar (Escalado) e Perspectiva, sobre todo a reixa ou grilla de transformación e os filtros do menú distorsiones.

Unha vez que temos a tatuaxe no sitio desexado, cambiaremos o modo de fusión da capa a multiplicar, ennegrecer, dividir,... segundo o efecto buscado.

espalda onde iría a tatuaxe

Tatuaxe colocada

Máis tatuaxes
3ª Parte-Publicar no Blog

Finalmente, publicaremos no Blog a foto orixinal, a imaxes da ou das tatuaxes, e o arquivo final coa composición.

sábado, 9 de marzo de 2019

Entrega de traballos.



Segunda Avaliación: 

PrácTICas 06, 07 e 08 deberán estar publicadas no blog de cada quen.

Data máxima de entrega, martes ás 18 horas.