Desaturar é eliminar a información cromática, é decir, a información da
cor.
Usaremos o GIMP para facer unha desaturación selectiva e logo
empregaremos máscaras de capa para destacar mediante a cor un elemento.
Iso chámase desaturación selectiva, e é un recurso ideal para salientar ou contrastar ó suxeito principal da fotografía.
Teredes que facer unha foto dun taxi de New York e unha foto
máis de temática libre a escoller por vós, como pode ser unha flor,
unha peza de froita, etc... Podedes subir todas as fotos que queirades.
O proceso é sinxelo.
Duplicamos a capa, a capa superior a desaturamos Colores->Desaturar.
Cunha
máscara de capa de cor branco pintamos co pincel negro a zona que
queiramos deixar en cor. Se nos equivocamos podemos retocar a máscara co
pincel blanco.
NOTA:
Para pasar unha imaxe a branco e negro (desaturar) hai varias formas.
Explicarei catro, aínda que as ideais son as dúas primeiras
1. Menú Colores - Desaturar. Escollemos entre as tres opcións a que máis nos guste (Claridad, Luminosidad ou Promedio)
2. Menú Colores - Tono y Saturación. O deslizador Saturación cara a esquerda vai diminuíndo a cor. Podemos escoller si aplicar o efecto a toda a imaxe ou a unha cor primaria.
3. Menú Imagen - Modo - Escala de grises. A imaxe perde a información de cor. Para poder usar cores unha vez transformada a imaxe, teremos que ir a Menú Imagen - Modo- RGB.
4. Sobre unha imaxe coloreada poño unha capa branca en modo de fusión Saturación.
_____________________________________________________
INSPIRACIÓN: Fotografías coloreadas.
Escolle
unha fotografía clásica en branco e negro e coloréala usando o modo de
fusión multiplicar pintando nunha capa transparente colocada sobre a
foto orixinal.
Atoparás máis exemplos AQUÍ
E para escoller unha foto, escolle unha das que aparecen AQUÍ


No hay comentarios:
Publicar un comentario